Desde o equipo deste proxecto vémonos na obriga de aclarar certos puntos sobre o mesmo:
-
NON HAI NINGÚN FIN POLÍTICO DE NINGUNHA CLASE. Este proxecto comezou por propia dedicación ao audiovisual, por interese sobre Benposta e a nosa admiración ao circo. Detrás non hai ningunha asociación, colectivo, fundación, partido político ou empresa que o respalde.
-
NON É UN PROXECTO LUCRATIVO. Simplemente se cobra por un traballo que se fai. A finalidade do crowfunding é para financiar as diferentes partes do proxecto. Detrás do mesmo hai un equipo de persoas traballando para que se realice a peza e consideramos e defendemos que todo traballo ten que ser remunerado.
-
NON HAI NINGÚN FIN NEGATIVO hacia os benposteños e as benposteñas, nin ningunha persoa relacionada con Benposta. Non queremos enfrentar a ningúen nin xerar polémica. Trátase dun proxecto para coñecer unha das partes de Benposta a través das palabras daqueles que quixeron colaborar con nós e se puxeron diante da cámara para facelo. Entre todos os que contactamos para isto houbo quen aceptou e quen non. Estas persoas quixeron colaborar falando e contando as súas experiencia de cando estiveron alí, cando marcharon do circo e sobre as súas reflexións acerca da situación actual. O seu papel limitouse a isto, a responder as preguntas que se lle fixeron e nada máis. Evidentemente nin a súa realidade é absoluta, tan só é a súa experiencia e o seu punto de vista.
-
NON QUEREMOS COMPETIR CON NINGÚN TIPO DE PROXECTO AUDIOVISUAL. Este proxecto naceu este ano tras a situación actual, con vista a sacalo o antes posible para que se visibilice. Non contaremos toda a historia de Benposta (tan só a vivencia de cada entrevistado) senón que se profundizará máis na época final do circo e a situación actual.