Reboiras. Acción e corazón

Imagen de cabecera
Ver videu
Financióse'l 01 / 10 / 2019
¡Cofinancióse!
Consiguióse
€ 20.197
Mínimu
€ 12.200
Óptimu
€ 20.000
444 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando € 10

    Mención nos créditos
    • Mención nos créditos do filme como participante

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanciadores
  • Aportando € 20

    Mención nos créditos + filme + libro
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 220 Cofinanciadores
  • Aportando € 50

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV
    • Mención nos créditos do filme como participante

    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes

    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 115 Cofinanciadores
  • Aportando € 200

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanciadores
  • Aportando € 500

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía + convite á rodaxe
    • Copia física do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.
    • Convite para asistir a dúas sesións de rodaxe

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Cofinanciadores

‘Reboiras. Acción e corazón' no cinema

22 | 08 | 2020
‘Reboiras. Acción e corazón' no cinema

O filme Reboiras. Acción e corazón continúa no cinema en Santiago e Ferrol, logo da súa preestrea en Imo. O vindeiro 26 de agosto estará en Ourense e a partir de setembro setembro chegará a cinemas de Lugo, A Coruña, Vigo e moitos máis concellos.

A longametraxe documental Reboiras. Acción e corazón, na que o director Alberte Mera (Vigo, 1987) traslada á pantalla a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, continúa a proxectarse esta fin de semana sala Numax de Santiago de Compostela e Duplex de Ferrol, logo de o filme levar máis de sete días consecutivos en ambos os cinemas enchendo a capacidade das salas. 

Podes reservar entrada en:

SANTIAGO Numax: https://numax.org/cinema/ficha/reboiras
FERROL Duplex: https://duplexcinema.com/gl/filmes/reboiras-accion-e-corazon

A proxima estrea deste filme que produce a Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas será na cidade de Ourense, a cuarta feira 26 de agosto, e exhibirase da man do Cineclube Padre Feixoo con dúas sesións: a primeira ás 18 horas e a segunda ás 21 horas, no edificio da Casa da Cultura (antiga biblioteca). En ambos os dous pases participará o director e haberá un coloquio onde as e os espectadores poderán intervir. Por mor do contexto sanitario, as entradas unicamente se poden adquirir de forma anticipada. O lugar da venda de entradas é o Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, Ourense).

A entrada en Ourense só é anticipada:

OURENSE: reservas de entrada no Café Cultural Auriense (praza do Correxedor)

O roteiro do filme continúa no cinema Codex de Lugo, que albergará a sexta feira 4 de setembro a seguinte estrea, na que tamén participará Alberte Mera. Ademais, tanto o sábado 5 como o domingo 6 de setembro tamén se exhibirá o documental neste cinema. Durante os tres días haberá pases ás 18 e ás 20 horas.

Na Coruña poderase ver o filme o vindeiro 9 de setembro, nas dúas salas de cinema do Forum Metropolitano, onde o filme se estreará ás 19 e ás 19.30 horas. Será o 18 de setembro cando o documental se estree na cidade de Vigo, nunha exhibición especial dentro do Festival Primavera do Cine. O 3 de outubro será a quenda de Ponteareas, que estreará o filme no auditorio Reveriano Soutullo, mentres que en novembro se presentará en Ponteveda, no Teatro Principal. 

Estanse a concretar novas estreas en múltiples concellos da Galiza dado o grande interese sobre o filme suscitado no país e a boa acollida que está a ter polo público e a crítica. Na web do filme www.reboiras.gal no apartado de exhibicións irase actualizando a lista de estreas con máis datas e salas onde se proxectará a obra.

Foi Imo (Dodro) o lugar que acolleu a preestrea do documental o pasado 8 e 11 de agosto, nun evento especial para a familia Reboiras e a veciñanza deste concello que hai 70 anos viu nacer Moncho Reboiras. De "enormemente emotivo" cualificou o director tanto a preestrea realizada en Imo como a de Ferrol, que decorreu o pasado 12 de agosto en Duplex Cinema, coincidindo cos 45 anos do asasinato de Moncho Reboiras nesa mesma cidade a mans da policía da ditadura franquista.

A Fundación Terra e Tempo publicou o segundo trailer do filme, que achega unha mostra das secuencias de ficción que Mera rodou para o documental, así como un avance das entrevistas que este director tamén filmou ao longo do país e que narran a vida de Moncho Reboiras.

(`

Participan no filme, en total, 29 testemuñas directas que partillaron ou coñeceron o histórico nacionalista, como o propio irmán de Moncho, Manuel Reboiras, a súa curmá Lita Martínez, o escritor e ex secretario xeral da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez; os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xohán Cabana, ou a cineasta Margarita Ledo, até as propias persoas que se atopaban con Reboiras o 12 de agosto en Ferrol, e que el axudou a fuxir e salvar: Elvira Souto e Lois Ríos.

Comentarios

Anicia sesión pa dexar un comentariu